sábado, 24 de mayo de 2014

Rap dos Dereitos Humanos

Somos un grupo de traballo formado por catro alumnos do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes: Alberto Caloto, Alejandro Regueiro, Miguel Castañal e Ismael García. Con motivo da celebración do Día dos Dereitos Humanos e no contexto dun traballo de galego, fixemos un rap para concienciar acerca da importancia destes dereitos. O rap rematámolo o 21 de xaneiro do 2014, pero para tivemos que seguir unha serie de pasos antes de chegar a ese momento.
 Primeiro, escollemos a base buscando en Youtube, para poder despois elaborar a nosa letra de acordo coa base que escollemos. Todo isto fixémolo no propio instituto, xa que nas clases de galego iamos á aula de infórmatica para poder avanzar traballo. Cando tivemos preparadas a letra e a base, o único que nos faltaba era repartir as estrofas que nos correspondían a cada un de nós, gravar o vídeo (cousa que fixemos unha semana despois pola tarde, fóra xa do horario escolar) e, por último, presentalo en clase. E este foi o resultado:




No hay comentarios:

Publicar un comentario