lunes, 9 de junio de 2014

Para ser alumno hoxe

Neste traballo imos falar sobre as claves que existen pare ser un bo alumno hoxe. Pero o primeiro é definir que significa ser un bo alumno. Un bo alumno é aquel que asiste á maioría de clases, que mostra interese, aptitudes, que traballa, que é constante e que ten respeto polos profesores.

Os alumnos de hoxe en día necesitan, ademais, verse motivados, algo que no actual sistema educativo español se lles fai moi difícil polo pechado, frío e duro que está concebido na actualidade.

Entre todos, alumnos e profesores, debemos colaborar e intentar mellorar para facer máis sinxelo e entretida a educación, aspecto fundamental da nosa sociedade xa que, como diría Confucio, "onde hai educación non hai distinción de clases".




REFERENCIAS: http://es.wikipedia.org/wiki/Educacion
                            http://elpais.com/elpais/2014/06/06/opinion/1402072667_837554.html

http://www.mecd.gob.es/portada-mecd/
http://www.proverbia.net/citastema.asp?tematica=204.




sábado, 24 de mayo de 2014

Rap dos Dereitos Humanos

Somos un grupo de traballo formado por catro alumnos do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes: Alberto Caloto, Alejandro Regueiro, Miguel Castañal e Ismael García. Con motivo da celebración do Día dos Dereitos Humanos e no contexto dun traballo de galego, fixemos un rap para concienciar acerca da importancia destes dereitos. O rap rematámolo o 21 de xaneiro do 2014, pero para tivemos que seguir unha serie de pasos antes de chegar a ese momento.
 Primeiro, escollemos a base buscando en Youtube, para poder despois elaborar a nosa letra de acordo coa base que escollemos. Todo isto fixémolo no propio instituto, xa que nas clases de galego iamos á aula de infórmatica para poder avanzar traballo. Cando tivemos preparadas a letra e a base, o único que nos faltaba era repartir as estrofas que nos correspondían a cada un de nós, gravar o vídeo (cousa que fixemos unha semana despois pola tarde, fóra xa do horario escolar) e, por último, presentalo en clase. E este foi o resultado: